Wednesday 22 de May de 2024

Incendio nunha finca urbana na parroquia de Corrubedo, no Concello de Ribeira


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados a primeira hora da tarde de onte, luns 29 de abril, dun incendio nunha finca urbana na estrada do Faro, na parroquia de Corrubedo no Concello de Ribeira.

Na chegada ao lugar identificase o incendio no medio de vivendas nunha finca urbana. Logo dunha comprobación inicial procédese á extinción do lume, tendo a situación controlada en poucos minutos e procedendo a continuación a arrefriar a zona afectada.

No operativo tamén participou a Garda Civil de Ribeira.